Por un reparto xusto dos fondos de recuperación

La Voz

AROUSA

MONICA IRAGO

Greenpeace e outros colectivos ecoloxistas e produtivos emprenden unha campaña por unha distribución verde, transparente e acaída dos recursos

31 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Verde Gaia, o Sindicato Labrego Galego ou a organización galega de comunidades de montes emprenden unha campaña a prol dunha distribución xusta, verde, transparente e sustentable dos fondos europeos para a recuperación fronte ao covid-19. As organizacións queren poñer no debate a necesidade de que esa inxección da que depende boa parte do futuro se dirixa a quen soporta realmente o golpe da pandemia, «non a grandes empresas ou a financiar estradas». Vilagarcía estivo entre as localidades galegas nas que comezou esta reivindicación.