Viños, turróns artesáns, cerámicas de Mar Barral... A variedade manda no Mercado de Nadal
19 dic 2020 . Actualizado a las 11:17 h.Siguen os relevos no Mercado de Nadal de Vilagarcía, que afronta a súa última semana. Dende onte, e ata o vindeiro domingo 27, as persoas que acodan ás prazas de España e Independencia poderán atopar artesanía de liño, viños do Salnés, libros para todas as idades, produtos de comercio xusto, turróns e doces de obradoiro e artesanía en prata. Unha ampla variedade de produtos para os xantares e ceas de celebración, así como para decorar as nosas casas nestas datas ou para agasallar aos nosos seres queridos.
Dende onte, xa están no mercado as botellas dos viños da adega Paco&Lola, que porá a venta os seus caldos ata o día 24; e os produtos da asociación Liño de Galicia, que ata o 20 ofertará as súas confeccións a man elaboradas con este tecido; e a Librería Nobel, que tamén estará presente nesta mesma praza ata o día da clausura do mercado.
Xa o luns, súmanse os obxectos de cerámica de Mar Barral e as pezas de artesanal en prata de Arco da Vella, e poderán degustarse e comprarse os turróns e doces artesanais do obrador de A Despensa de Izan. Pola caseta solidaria da Praza da Independencia pasarán esta última semana as ONGs Solidariedade Internacional e a asociación TDAH Salnés.