Ravella pídelle ao centro do Con que analice as fontes

O alcalde propón a sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello e o centro de hidrobioloxía para a análise da potabilidade das súas aguas


vilagarcía / la voz

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Valera, e o reitor da USC, Antonio López, visitaron este venres a Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con. A visita prodúcese despois de que a universidade reorganizase o sistema de dirección dos seus centros de investigación e tiña como obxectivo presentar aos novos responsables dos mesmos, así como amosar as instalacións e dar a coñecer as actividades que se desenvolven nelas. No transcurso da visita, Varela propuxo a firma dun convenio de colaboración entre o Concello e o centro de hidrobioloxía para a análise de potabilidade da auga das fontes municipais.

A explicación sobre o innovador e rápido sistema de analíticas que está a utilizar no centro de Castroagudín para determinar a potabilidade da auga mediante o uso dunha bacteria luminiscente doulle pé a Varela Paz para propoñer este acordo coa fin de controlar a saúde dos mananciais do municipio. Ademais do alcalde de Vilagarcía e do reitor tamén participaron na visita o alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey; o vicerreitor de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez; o coordinador científico da Rede de Estacións Biolóxicas da USC, Xosé Lois Otero; e o xefe da estación vilagarciá, Rufino Vieira.

«Ademais de servir como recoñecemento ao traballo que o centro vén desempeñando dende súa inauguración en 2004, a proposta de convenio é unha mostra do apio do Concello de Vilagarcía á continuidade desta labor. Unha aposta á que tamén se sumou o rexedor caldense ao anunciar a súa intención de renovar o convenio existente entre o seu Concello e o centro de hidrobiloloxía para á realización das analíticas de control da cianobacteria da microcistina nas augas do encoro de Caldas e na súa rede de abastecemento», segundo informan desde Ravella.

O vicerreitor recolleu as propostas con interese, asegurando que poríase de inmediato a traballar na redacción de ámbolos dous convenios. O xefe da estación encargouse de guiar á delegación polas distintas dependencias explicando o tipo de traballo que se realiza en cada unha nelas (o laboratorio seco, o laboratorio húmido, a sala de óptica, a de informática, o almacén, a aula, a zona de despachos a sala de reunións…), así como a zona destinada ao aloxamento de investigadores invitados e participantes en cursos (habitacións con capacidade para 14 persoas, sala de estar, zona de cociña…). Rufino tamén informou dos proxectos internacionais nos que participa o centro xunto con investigadores de Portugal e Francia

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Ravella pídelle ao centro do Con que analice as fontes