A decadencia industrial de Vilaxoán


Vilaxoán floreceu social e economicamente ao longo da súa historia en diversas etapas, en especial coa industria da salgadura a partir de mediados do século XVIII. O historiador Antonio Meijide Pardo comentaba no seus escritos que, segundo os rexistros alfandegueiros, a principios do século XIX o porto de Vilaxoán era a «principalísima» base exportadora de toda a ría de Arousa de sardiña salgada, con 17 fábricas de salga.

Outro acontecemento importante foi cando o 28 de setembro de 1919, se funda o Pósito Pescador (confraría), acadando un organismo que daba oportunidade aos mariñeiros de axuda social e sanitaria. Logo, en diversas etapas do século XX, foron pasando certos letargos dos que, en ocasións, custou espertar. Houbo momentos da vila de relucir todo o seu esplendor coas industrias do mar. Pipla, Costas e Millán, Peña, Pita, sen esquecer a Atlántica. Aínda que era fundición e mecánica, chegou a ter moita connotación co mar, fabricando bateas de flotadores de ferro; industrias que na actualidade xa no existen. Esta empresa Atlántica, nos anos 70, daba emprego a más de cen traballadores sendo o seu momento álxido en consonancia co ascenso da construción naval en Galicia. Porén, a reconversión do sector dos anos 80, motivada polos acordos da entrada en España na Unión Europea, resultou letal para os seus intereses e tivo que pechar.

Agora, na actualidade, a única fábrica que queda de salgadura, Coinba, atópase en concurso de acredores, onde o seu futuro é incerto. Diante disto, as perspectivas non son nada boas, e se desaparece esta industria, todo o tecido fabril de Vilaxoán quedará en cero patatero, dando a situación dun pobo pantasma.

Coinba ten a súa orixe nunha factoría de salgadura que comezou a finais do século XIX por Andrés Rodríguez de Dios, que nacera en Palmeira en 1855 e faleceu en Vilaxoán en 1938, sendo o seu fillo José Rodríguez Bernárdez (finou en Vilaxoán en 1952) o continuador desta industria ata hoxe. José Rodríguez foi un dos que trataron en Madrid con Xesús Somoza e Francisco Santos de acadar o Pósito Pescador en 1919.

Coinba, entre 1967 e 1971, experimentou o seu mellor momento. Eran exportadores a Brasil, Porto Rico, Portugal... E cando o traballo era manual, chegou a ter cen traballadores. Con Coinba pode rematar unha grande historia de Vilaxoán. Porén, coido que pode haber unha pequena esperanza de que isto non se materialice nunha desfeita de remate da bacallaeira. Dígoo con moita cautela, en base a uns documentos que teño recentes dun dos accionistas, nos que fala de que pode ter viabilidade a fábrica sempre que haxa acordo. Coido que nos atopámonos nun momento crucial, moi negativo da historia de Vilaxoán. Seguiremos de enterro en enterro?

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

A decadencia industrial de Vilaxoán