Araceli Bugallo, campioa da terceira Copa de Espada de Asturias

A tiradora cambadesa remontou na final un adverso primeiro tempo


vilagarcía / la voz

A tiradora cambadesa da Asociación Vilagarcía Esgrima, Araceli Bugallo, regresou o domingo de Navia co título de campioa do cadro absoluto feminino da terceira Copa de Espada de Esgrima de Asturias.

No Pavillón Nave del Puerto, a arousá rematou a fase de poules segunda, por detrás da tiradora do Xixón Sara Gallo. Xa na fase de eliminatorias directas, Araceli Bugallo derrotou 9-15 a Ana Quintana, tamén do Xixón, no cruce de cuartos de final, accedendo ao duelo polo título ao dobregar 7-15 a Carnero, do Oviedo. Na final, a tiradora do AVE remontou os dous puntos de desvantaxe cos que rematou o seu primeiro tempo con Gallo, para rematar gañando 12-15.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Araceli Bugallo, campioa da terceira Copa de Espada de Asturias