Dezaseis mozos desempregados poderán formarse en Socorrismo e Turismo en Vilagarcía

O Concello pon en marcha o proceso de selección para unha nova edición do obradoiro de emprego

s. g.
VILAGARCÍa / la voz

O Concello de Vilagarcía pon en marcha a selección de alumnado para unha nova edición do Obradoiro de Emprego Labora Xoven 18.

Un total de 16 mozos e mozas desempregados de máis de 18 anos poderán formarse, grazas a este programa, nas disciplinas de Socorrismo en Espazos Acuáticos e Promoción Turística Local e Información ao Visitante, con oito prazas para cada unha das modalidades. O obxectivo deste programa formativo é facilitar a inserción laboral dos participantes a través de profesións cunha gran demanda.

O Concello poñerá en marcha nos vindeiros días o mecanismo para a selección de alumnado. Tamén se fará unha sondaxe para escoller ao equipo docente e directivo do obradoiro, que terá unha duración de seis meses.

Requisitos da selección

Para acceder ás prazas, tanto alumnos coma mestres deben estar inscritos coma demandantes de emprego nas listaxes do Servizo Público de Emprego. Ademais, o alumnado ten que cumprir o perfil e algún dos requisitos indicados na orde da consellería, e que se atopan publicados no taboleiro de anuncios do portal municipal do Concello de Vilagarcía. Entre eles, atópanse a posesión dalgún título da ESO ou Bacharelato, dependendo da disciplina que se vaia cursar; tamén se pode acceder a través doutros certificados de profesionalidade, ou de probas de acceso a ciclos, entre outras opcións.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Dezaseis mozos desempregados poderán formarse en Socorrismo e Turismo en Vilagarcía