Alumnos e compañeiros no I.E.S. Miguel Ángel González homenaxearon a Rosa López á súa volta de Sudáfrica co ouro feminino por equipos na man
20 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Dúas semanas se ausentou Rosa López das súas clases de francés na ESO e no Bacherelato no I.E.S. Miguel Ángel González de Carril. O motivo, participar en Sudáfrica no Campionato do Mundo de Pesca Deportiva. Coa primeira medalla de ouro por equipos feminino na historia de España na equipaxe de regreso, Rosa atopouse no instituto cunha sorpresa que a piques estivo de arrincarlle algunha bágoa. Arroupada polos seus compañeiros de traballo, un grupo de alumnos tocou para ela un par de pezas desa música tradicional galega que tanto lle gusta ante unha pancarta felicitándoa.