O temporal obriga a adiar a final de Liga dos Ingleses

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O equipo vilagarcían terá que poñerse de acordo co Ferrol para fixar unha nova data

10 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Ingleses e C.R. Ferrol deberán poñerse nos vindeiros días de acordo nunha nova data para a disputa da final, a partido único, polo título de campión de Liga da Primeira División Galega de rugbi masculino. Un encontro programado para a tarde de hoxe, a partir das catro, no Estadio de Atletismo de Fontecarmoa, e afectado pola suspensión xeral de todas as actividades deportivas ao aire libre decretada pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para a tarde de hoxe nas provincias da Coruña e de Pontevedra. O motivo, o temporal Félix, con refachos previstos de máis de 120 quilómetros por hora en zonas como as Rías Baixas.

O adestrador dos Ingleses, Ju Santórum, explicaba na tarde de onte que «intentamos negociar con el C.R. Ferrol jugar el domingo por la mañana, pero dijeron que no, argumentando que podríamos encontrarnos con que también se suspende la actividad al aire libre ese día». Ju adianta que «jugaremos el partido en cuanto aparezca la primera fecha disponible».