Os Ingleses reestréanse coa volta á fase en mente

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

30 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Primeiro partido de Liga para Os Ingleses, esta tarde, a partir das catro no estadio de atletismo de Fontecarmoa fronte ao vixente campión da Primeira Galega, o Ferrol. Un choque que da o pistoletazo de saída na carreira do cadro vilagarcián cara a que, agarda o seu adestrador, José Santórum, Ju, sexa a volta dos Ingleses a unha fase de ascenso á División de Honra B.

 Na empresa o equipo conta con catro reforzos de luxo, os de Gambita, Sito Moure e Marcos, vilagarciáns que veñen de medrar nas últimas tempadas nas filas do U. Vigo da D.H.B. Xunto a eles, Gamba, con experiencia na División de Honra, que voltará competir co equipo da súa localidade grazas ao acordo de filialidade asinado co Barbanza, equipo da Segunda Galega. Coa dianteira apuntalada, e cun plantel longo, de 28 homes, Os Ingleses mediráse con maiores garantías ao PRC, Keltia, CRAT B e Lalín, ademais do Ferrol.