«Non entendo a comedia sen denuncia social»

marina santaló

AROUSA

Ana Garcia

O humorista estará hoxe no Churrasco de Rubiáns para que os comensais disfruten do entroido máis divertido

25 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Na cea especial de entroido que se celebra hoxe no Churrasco de Rubiáns haberá algo máis que comida. Pepo Suevos encargarase de que a dixestión se faga a risotadas.

-Está acostumado a actuar en moi diversos escenarios. ¿Teñen os bares, coa súa informalidade, un encanto especial?

-Préstanse a ser un pouco máis gamberros. Digamos que hai outros sitios, xa sexan auditorios ou teatros, nos que pode darse unha vertente máis artística. Mentres, os bares son lugares máis desenfadados, que permiten usar un vocabulario que nun espazo máis teatral non teñen tanta cabida. A mi é o formato que máis me gusta, no que me sinto máis cómodo.

-Ten máis de 1.500 actuacións en vivo as súas costas. ¿É difícil renovarse?

-Non, non é difícil porque eu vivo bastante do día a día. Teño bastantes repertorios armados pero todas as cousas que van pasando na actualidade me serven para falar. Son unha fonte inacabable de chistes, eu solo teño que aportarlle meu estilo. Mañá, evidentemente, caerá algo sobre Urdangarin.

-Seguir a actualizade convertese entón en parte do traballo

-Non é unha obriga pero penso que sería unha pena non botar man de ela. Moitas veces o chiste xa ven feito.

-¿É mellor ese humor se búscase a reivindicación?

-Non entendo a comedia sen denuncia social. Estamos nunha plataforma que debemos aproveitar para facer alusión aos problemas que ten a xente. Aínda que a nosa tarefa primordial é entreter, tamén temos esa misión de levantar un pouco esas ampolas. Ademais, temos a gran vantaxe de facelo con humor e que moita xente lle reste importancia. Pero, o dito, aí queda.

-Se se trata de cousas para reivindicar, parece que este é un bo momento...

-Si, o que se está respirando na sociedade é un ambiente de cabreo. De que nos están mangoneando, pero aquí non pasa nada. Se algún día levásemos o premio europeo a mellor economía, seguramente estaríamos todos encantados e xa non habería que facer referencia a isto.

-Non cabe dúbida de que as persoas que asistan a Rubiáns presenciarán esta parte máis crítica, ¿haberá tamén algún guiño ao entroido?

-Eu son bastante de improvisar. Igual estou contado unha anécdota que pasoume nun coche e digo a palabra voante e, xa de aí, vou a sanidade. Logo paso por os recortes, ata chegar ao Parlamento. En canto ao entroido, supoño que haberá algunha mención. Como a xente estará comendo cal marquesa, o chiste xa está feito. A verdade é que esta festa préstase ao humor. Moitas das comparas fan guiños a actualidade e, de algunha forma, desaparecen os tabús.

-Fala de tabús, ¿percibe un aumento dos temas que da reparo falar en público?

-En parte si que hai esa sensación pero eu, dende logo, no comulgo con iso. Hai temas que son máis delicados que outros pero todo depende de como se enfoque. Se o miramos de forma estricta, calquera tema pode ofender a alguén porque descoñecemos as vivencias do público.

- ¿Algunha vez, ao terminar un monólogo, foronlle a recriminar unha parte?

-Pasoume unhas tres ou catro veces. Nunha ocasión, estaba falando dos Reis, cando aínda eran Príncipes de Asturias, e desvieime ao asturiano. Estaba e Ribadeo e resulta que no público había varios asturianos aos que non lles fixo graza. Pero, a xente termina entendo que solo trátase dun espectáculo.

-¿Co humor se nace o se fai co tempo?

-As dous cousas. Creo que ai xente que nace cunha graza que axuda moito pero tamén se traballa elaborando os textos e facendo un estudo do ser humano.

-Ten un monólogo de dez horas, ¿cómo pode superar iso?

-Sempre me dicían que os meus monólogos era moi largos, así que pareceume a mellor forma de celebrar o décimo aniversario nos escenarios. Foi moito, agora confórmome con facer o que fago.