Comportamentos propios de guerra

Javier Seijo

AROUSA

Dende a Asociación de Apicultores de Pontevedra e a Agrupación Apícola de Galicia, xa tiñamos coñecemento desta avespa pola súa incidencia en Francia, pais xa completamente invadido por esta especie invasora e con efectos altamente prexudiciais tanto para as abellas como para a biodiversidade, a agricultura e a sociedade en xeral. Este ano, en especial, notouse un retraso na súa presenza, o cal deu un pouco de tranquilidade os abelleiros en xuño e xullo, pero o seu avance cara o interior non se veu minguado, podendo dicir que xa ten presenza en case todos os municipios de A Coruña e Pontevedra.Con respecto as colmeas, é principalmente a presión que exerce esta especie, ó situarse na entrada o que afecta ó seu porvir, xa que como pasaba na guerras na idade media, o asedio que estas avespas fan, fai que as abellas vaian acabando cas provisións que teñen, a raíña poña menos ovos e as crías non dispoñan de alimento fresco o que leva a un enfraquecemento da colmea e que as abellas se vexan na necesidade de saír o campo, desesperadas e debilitadas sendo presas fáciles.A avespa velutina, en xeral, fará un cambio nos traballos dos abelleiros. Queda un longo traballo de investigación e aprendizaxe. Pouco coñecemos da súa bioloxía e comportamento. Aínda non sabemos diferenzas claramente as novas raíñas fundadoras das obreiras, cal e o ciclo de zánganos, canto viven, canto recorren ou cal é o seu radio de caza real.