Sostenibilidade

Víctor Caamaño

AROUSA

Para o BNG resulta prioritaria a defensa dos sectores produtivos e o marisqueo, é o máis importante que temos. Un sector que crea postos de traballo e, polo tanto, unha fonte de riqueza para o noso pobo a longo prazo.  Referímonos a un recurso ecolóxica e economicamente sostible que encaixa á perfección co modelo turístico, económico e ambiental que debe proxectar Cambados. O noso modelo turístico non pode ser unha praia nun estanque que significaría, ademais,  a destrución da riqueza marisqueira e da paisaxe.