26 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Hai quen di que as prazas de abastos están condenadas a formar parte, máis pronto que tarde, dese listado de paraísos que se fóron perdendo nos últimos anos. Dun tempo a esta parte, a modernidade vén envolta nunha especie de aceleración enfermiza que non nos deixa nin preparar comidas que precisen cocer a lume lento. Así que, imaxinen o tempo que gastamos na compra dos alimentos: uns minutos roubados ao reloxo entre carreira e carreira. Tanta velocidade non pode ser boa. Por iso, tal vez deberíamos todos volver ás prazas de abastos. Para recuperar o ritmo da saúde.