22 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Se unha imaxe do 20N me quedará grabada na memoria, esa é a cara da muller de Mariano Rajoy no balcón de Génova en medio da festa popular. Mentres o seu marido e compañeiros festexaban o resultado, a esposa do futuro presidente de España semellaba ser a única que xa se situaba no día da resaca, plenamente consciente do marrón que iso supón no Ano 3 da crise mundial. Todo o mundo quere gañar por goleada. O problema en momentos como o presente é que unha maioría absoluta é unha ruleta a todo ou nada na que a banca pode desplumar o gañador.