Na maioría das grandes empresas de Vilagarcía reprodúcese unha situación semellante. Moitas eran empresas familiares de toda a vida e con moita presenza na localidade que, sen embargo, quedaron obsoletas co paso do tempo. Isto levou a que en moitas ocasións tiveran que ser absorbidas por outras.
Algunhas seguen sendo obsoletas e por iso se ven obrigadas a acometer unha reestruturación de instalacións e de persoal. Cando montas unha empresa xa está adaptada a unha maquinaria e a unha forma de traballar, pero se fas cambios ás veces tes que variar toda a súa estrutura.
Estas situacións repercuten moitas veces sobre as plantillas, porque ou implantan novas tecnoloxías ou deixan de fabricar algúns produtos ou, en moitas ocasións, como ocorre por exemplo agora en Megasa, se a empresa ten fábricas noutros lugares acaban trasladándose alí e acaban perdendo as plantas de produción que están na periferia.