Catro podios para o Lobeira no Campionato de Vilalba

vilagarcía / la voz

AROUSA

05 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O Club Lobeira de Vilagarcía participou a pasada fin de semana no Campionato de Judokas de Vilalba, organizado polo club local. O balance dos pupilos adestrados por Andrés Senín foi de catro podios, encabezados polo segundo posto de Santiago Tranchero na categoría de menos de 90 quilogramos sénior. Un cadro no que os seus compañeiros Brais de la Paz e Antonio de la Torre remataron terceiro e cuarto, respectivamente.

Ademais, Bruno Guillo foi prata en menos de 81 quilogramos sénior, co tamén judoka do Lobeira Hugo Ramallo cuarto na clasificación. Pola súa banda, o canteirán José Fernández fíxose co bronce en menos de 40 infantil.