-¿Que lle parece Zapatero?
-Pese a todo, o tempo situarao como un dos mellores presidentes da nosa democracia.
-¿E Mariano Rajoy?
-Aínda non sabemos se é quen de facer algo ou non facer nada.
-¿Como valora a Louzán?
-Ese home é un obstáculo para o funcionamento democrático das institucións.
-¿E a Pachi Vázquez?
-É o meu secretario xeral e ten todo o meu apoio aínda que poidamos ter algunha discrepancia.
-¿Tomás Fole?
-Boa xente, pero insolvente.
-¿E Castro Ratón?
-Persoa amable da que espero que siga facendo cousas.
-¿Que tal con Fajardo?
-Non o sei. Ten que demostrar sensatez e madurez política.
-¿E con Rivera Mallo?
-Persoa traballadora e cortés.
-¿O seu alcalde favorito?
-Son moitos. Os de A Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo, Ourense, Lugo, A Illa, O Grove, Catoira...
-¿O mellor de Vilagarcía?
-A nosa posición central na mellor ría de Galicia. Somos un privilexiados, a un paso de dous aeroportos e de cidades coma Santiago, Pontevedra e Vigo, nunca bisbarra cun atractivo especial que temos que saber liderar.
-¿E o peor?
-O peor que temos todos é, ás veces, o pecharnos en nós mesmos e pensar que somos o embigo do mundo.
-¿Cal foi o seu primeiro coche?
-Un 600 de terceira ou cuarta man que custou 8.000 pesetas.
-¿Cantos televisores ten?
-¿Na casa? Un só.