-¿Como ve a Zapatero?
-A historia vaille dar un importante posto respecto das liberdades que se alcanzaron durante os seus mandatos.
-¿E a Rajoy?
-Máis do mesmo, pero sen graza ningunha.
-Falemos de sucesión no PSOE. ¿Chacón ou Rubalcaba?
-Rubalcaba. Eu son claro nestas cousas.
-¿Que opina do candidato do BNG en Catoira?
-É un candidato para perder.
-¿E do aspirante do PP?
-Ten futuro.
-Defina a Louzán.
-Home con moito poder que distribúe todo entre os seus e aos demais déixanos practicamente coa lexítima.
-E a Modesto Pose.
-Compañeiro con moita responsabilidade no partido que agora se vai atopar coa verdadeira política.
-¿Como lembra a Gago?
-Coñeceu a Administración local aquí, con nós, e fíxose militante socialista vendo como xestionábamos este Concello.
-¿Coñece a Justin Bieber?
-Creo que é un cantante. Eu son máis ben de música tranquila. Xa sabedes, «o paxaro cando chove mete o rabo na silveira».
-¿Vanlle os gaiteiros?
-E como non me van ir, se o meu fillo toca a gaita e a trompeta, e o outro a guitarra.
-¿Barça ou Madrid?
-Non teño equipo e non penso ver un só dos seus partidos.
-¿Cal foi o seu primeiro coche?
-Un Seat 127, podía ser no 77 ou por aí. Pero non me lembro do que me custou. Para iso son unha calamidade.
-¿Cantas teles ten na casa?
-Tres. Unha cada rapaz e outra na sala. Non a vexo moito, pero cando o fago é esa.