A praza do auditorio dedicada á República

La Voz

AROUSA

A vindeira semana, Vilagarcía celebrará a sesión plenaria correspondente a febreiro. Nela, Esquerda Unida defenderá unha moción para levar a efecto o acordo maioritario no que a corporación se comprometía a nomear unha rúa ou praza en memoria da República. Na opinion do grupo que lidera Juan Fajardo, este espazo debe ser o situado entre o auditorio, o parque Miguel Hernández e A Mariña, e tería que contar, asimesmo, cun elemento conmemorativo do nomeamento. foto mónica irago