Ramiro Sorbet estréase no banquiño do Ribadumia cunha complicada visita ao Barbadás

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

Quizais hoxe non sexa a ocasión máis propicia para comprobar o efecto revulsivo que poida ter a chegada de Ramiro Sorbet ao banquiño do Ribadumia. Ou quizais si. O cadro do Salnés visita esta tarde (16 horas) o campo do quinto clasificado e firme aspirante ao ascenso, o Barbadás.

O substituto do destituído Carducho mídese a un conxunto en plena forma. Ata o punto de ser o cuarto equipo que mellor rematou o 2010 no grupo Sur da Preferente Autonómica logo de sumar 12 dos 15 últimos puntos en xogo. Outro candidato ao salto á Terceira, o Verín, segundo clasificado, cortou na despedida do 2010 unha serie de catro vitorias encadeadas do Barbadás cun 3-0.

O Ribadumia sairá hoxe ás nove da mañá cara Barbadás para facer media hora de estiramentos no campo do seu rival antes de comer.