Cando un equipo como o Extrugasa Atlético Arousana vén de encadear nove vitorias, a última delas ante un dos seus directos rivais polo título de Liga e a praza de ascenso, a visita ao campo do segundo conxunto pola cola da clasificación da Preferente Autonómica Feminina debe ser a todas luces un simple trámite.
Ás catro da tarde, o frío invernal que se agarda no campo do Atlético Melide será en principio o maior atranco a superar polo conxunto vilagarcián. Nin a escaseza de efectivos, con só 14 futbolistas na convocatoria pola falta de xogadoras esta xornada no filial, sería excusa ante un pinchazo no día de hoxe.
María Coba viaxa coma única porteira da expedición do Atlético Arousana, na que tamén figuran Raquel, Nuria, Marta Cortés, Paula, Luisa, Sheila, Marta García, Anita, Carolina, María Arufe, Rocío, Lucía e Alba.
O hipotético triunfo do cadro arousán podería multiplicar o seu valor ante os complicados compromisos dos seus inmediatos perseguidores, o Victoria, e o Bértola, que hoxe se miden, respectivamente, ao Sárdoma, sétimo na táboa, e o Xuventude Aguiño, quinto.
Pola súa banda, o Atlético Arousana B defende o seu liderado na Segunda Autonómica no seu segundo duelo encadeado cun rival directo. O Sporting San Mateo, en campo rival.