García e Ramos gañan o Nacional Master de Snipe

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

En parelelo ao Campionato Galego da Clase 420, as augas de Vilagarcía acolleron a pasada fin de semana o Campionato de España Master da Clase Snipe. A proba, organizada polo Real Club de Regatas Galicia os días 17, 18 e 19, estivo afectada polos caprichos do tempo, con ventos moi cambiantes, de intensidade extremadamente forte o sábado, e sen apenas impulso o domingo.

O Supimpa , barco que navegaba baixo a grímpola do Náutico de Vigo tripulado polo vilagarcián Julio Rasilla e con José Filgueira de tripulante, impúxose na categoría gran sénior. Na júnior o triunfo foi para o Fanfarrón , do Náutico de Madrid, con Adrián Dupu e Maite López, e na categoría master gañou o Cuando el club era... , do Náutico de Santander, con Chiqui García de Soto e Guillermo Ramos.