Abertis modifica a canle de emisión no centro emisor da TDT en Padrón, que dá servizo a Cesures

C.Laya VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

03 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O xerente de Abertis Telecom, Alfonso Juan Álvarez Villamarín, vén de comunicar que a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Sociedade da Información informou aos radiodifusores dunha modificación nas canles asignadas para o reemisor de Padrón, situado no Monte de Meda e que dá servizo á maioría dos veciños de Cesures.

Así, por motivos de planificación radioeléctirca e segundo se comunicou ao Concello, Abertis vese na obriga de modificar a seguinte canle de emisión no centro emisor da TDT que dá cobertura ao municipio cesurense.

Na 55 UHF sintonízanse actualmente as canles Cuatro, LaSexta ou 40 Latino, entre outras, e a partir da primeira semana de agosto procederáse a un cambio oficial para instalalas na 67 UHF.

Deste xeito, os cidadáns deberán de modificar as súas instalacións domésticas e resintonizar os seus televisores.