15 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
A asociación cultural Contra Vento e Marea, da Laxe, a Deputación de Pontevedra e a compañía de teatro Valle-Innova colaboran para presentar esta tarde a obra de teatro El embrujado. Tragedia en Tierras del Salnés , escrita no seu día por Ramón María del Valle-Inclán.
A representación desta peza teatral terá lugar esta mesma tarde, a partir das sete, no centro cultural da Laxe, en Vilagarcía. A entrada ao acto será gratuíta. Trátase dunha das actividades culturais que este colectivo vilagarcián organiza para esta primavera.