23 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
As dúas derrotas da semana pasada foron unha pésima noticia para o Vilalonga. Pero a grave lesión sufrida por Machu na primeira parte do partido do domingo contra o Racing Vilalbés ensombrece aínda máis o balance do conxunto adestrado por Gabi Leis.
O dianteiro cambadés perderáse o que resta da tempada logo de que romperan o radio do seu brazo dereito. Unha lesión que lle obrigará a manter a zona escaiolada un mes, sen descartar que esgotado ese tempo Machu teña que pasar polo quirófano para soldar correctamente o oso partido. Unha fractura producida de maneira fortuita, cando na disputa dun balón un xogador rival lle deu un golpe co cóbado no brazo.