Día das mulleres

Carmen Durán Martínez

AROUSA

O

de que o día 8 de marzo se celebre o Día Internacional da Muller está en relación con varios sucesos, o máis coñecido é o do grupo de costureiras de Nueva York, que no ano 1857 encerráronse nunha fábrica de textil onde traballaban, para pedir a igualdade de traballo e igualdade de salario, con xornadas de 10 horas. Este movemento rematou cun incendio na fábrica no que morreron 146 mulleres e outras feridas. Na celebración do segundo congreso internacional de mulleres socialistas en Copenhague-Dinamarca, en agosto do 1910, a alemana Clara Zelkin propón que se celebre o Día Internacional da Muller, e defende o dereito das mulleres ao traballo, a participación social, así como a protección das nais e os nenos. As diversas protestas realizadas por mulleres e a súa participación nos distintos foros levaron a que no ano 1977 a asamblea da ONU declarara o 8 de marzo Día da Muller. A partir de aí a ONU emprendeu iniciativas para mellorar as condicións legais e de igualdade (polo menos na teoría) das mulleres a nivel internacional.

Na actualidade algunhas mulleres gozan de maiores dereitos, pero queda moito por facer nas distintas razas, culturas, lugares onde viven, e tamén dependendo da situación económica, político-social e ambiental onde se desenvolvan. Moitas mulleres aínda non reciben unha educación básica, outras sufren menosprecio e maltrato físico, psíquico ou de costumes. Aquí e agora, a nivel laboral, nalgúns traballos co mesmo horario e carga laboral están cobrando un 26% menos que os homes, chegan a menos postos directivos, participan menos na vida social -e as que o fan, ¡a que precio!-, porque aínda quedan máis na casa para atender os fillos e os pais maiores, enfermos, etc.

Mulleres, mulleres... ¿Cantas determinaron as nosas vidas? As nosas nais, as avoas, as tías, as irmáns, as amigas, as compañeiras, as veciñas, as que nos coidaron, as madriñas... Mulleres. O meu recoñecemento e admiración a todas aquelas mulleres que día a día, coa súa participación, o seu traballo e cumplindo a súa responsabilidade fixeron posible que o mundo avanzara e mellorara, creando novas formas de pensamento e acción.

Mulleres, mulleres... Recoñecemento e admiración ao esforzo -actualmente algúns homes tamén- polo que fixeron e están a facer para erradicar a pobreza, mellorar a educación, a solidaridade, a dignidade, a xusticia, a igualdade a convivencia... A paz.

Fillos dunha xeración

Valorar, agradecer, querer... a esas mulleres, as que agora teñen máis de 70 anos, avoas, tías, nais... Nosas nais que se criaron e viviron nunha época tan dura, tan escura, de tantas limitacións que con poucos medios e moito esforzo foron capaces de ver para nós, os seus fillos, un mundo de luz, mellorando a nosa educación, querendo que estudiaramos. Si. Eu son filla desa xeración de pais que querían que os fillos estudiaran. Grazas, mil gracias porque nos cambiáchedes a vida e melloráchedes o mundo, o noso mundo, a nosa vida.

Agradecer, querer, valorar... A esas mulleres, as nosas nais que nos escoitaron, que lles traduciron os nosos pais as nosas inquedanzas, as nosas preocupacións, parte dos nosos intereses, que aceptaron e entenderon tantas situacións nosas que elas nin pensaran -relacións plurais, vodas sen firma, netos sen bautizar, divorcios, viaxes sen destino fixo...-, e aínda foron capaces de axudarnos a criar os noso fillos, poñer o chándal e ir ao ximnasio, presidir unha asociación e manexar o seu móbil ou buscar en Internet.

Querer, valorar, agradecer... A esas mulleres atentas á vida, discretas, responsables, mulleres que ven e fan que non ven, mulleres que sufren e se alegran con nós, mulleres que sempre poden, que sempre teñen e aínda nos dan, mulleres que sempre están, que animan e alentan a seguir adiante, intentando tamén ser autónomas, mulleres anónimas e con tanta sabiduría. ¿A cantas coñecemosmos todos? Canto lles debemos para acordarnos delas un só día.

Mulleres... Así, e desa época, de aquí, con vidas propias, todos recoñeceremos. Xa vos contarei dalgunha.