Os Ingleses estréase cunha derrota no campo do CRAT

La Voz

AROUSA

Negra estrea dos Ingleses na nova Liga de Primeira Nacional de rugbi, con derrota no campo do CRAT coruñés. O marcador final, 14-3, reflicte a probreza do xogo de ambos equipos, pero resulta excesivo á hora de plasmar os méritos dun e doutro.

Os Ingleses e CRAT dedicáronse fundamentalmente a labores defensivas fronte a ataques sen moita orde, cos locais poñéndose por diante no primeiro cuarto de hora só grazas a un par de golpes de castigo. Ao borde do descanso o mesmo recurso elevaba a 9-0 a vantaxe local.

Na reanudación o equipo vilagarcián amosouse superior, pero non foi quen de levantar o marcador. Un golpe de castigo foi toda a súa produción ofensiva, co CRAT anotando o único ensaio do partido nos derradeiros minutos.

Xogaron polos Ingleses: Roberto (Dorro), Lemos (Chamy), Gamba, Adrián, Maro, Vaca (Marcial), Biris, Losada (Breixo), Jairo, Cachopo, Albariño, Joaquín, Moro (Alejo), Antón e Guillermo (Chuco).