O penúltimo partido do Unión Grove na Preferente Sur ata novo ascenso é hoxe tamén o da despedida da categoría para o Monte da Vila. Ás seis da tarde o conxunto meco recibe o Salvaterra, que con 45 puntos aínda está en condicións de eludir a queima derivada da desfeita dos equipos pontevedreses na cola da Terceira División.
O adestrador do Unión, Lois, conta con todo o seu plantel ao completo, logo de recuperar os sancionados Rodrigo Castro e Mon, o lesionado Óscar e mais a Juan e Rodrigo Núñez, ausentes a semana pasada por cuestións persoais. Lois comentaba onte que, pese ao descenso, «nós imos saír con toda a ilusión, para dedicarlle unha victoria á nosa afección». A iso se aplicarán desde o minuto 1 Kiko, Marcos Novas, Ameixeiro, Óscar, Manu, Rafa, Hermida, David Foz, Anxo, Álex e Ramón.