Hai uns días que el e o seu socio, Mario Bona, veñen de inaugurar o novo local da avenida de Cambados, logo da fusión de STM e Motoeme. Lito afirma que o resultado é un establecemento que non só comercializa motocicletas, ciclomotores e todo o relacionado coa boutique da moto, senón que o fai, tamén, a uns dos mellores prezos do mercado.
-Ao ser unha franquicia, con 15 ou 16 tendas en toda España, o que conseguimos son prezos semellantes aos que podes atopar en Madrid ou en Vigo. Conseguimos bos prezos porque, en realidade, estamos conseguindo material en nome de 16 empresas. Nisto somos moi competitivos.
-No sector do automóbil son todo queixas. ¿Como vai na moto?
-Pois como todo o mundo. O mal momento arrástranos a todos, non especialmente ao mundo da moto. Os problemas derívanse das menores ventas porque están poñendo o financiamento moi difícil. Antes unha nómina significaba para o banco estabilidade e había unha facilidade. Agora están freando ata créditos de 2.000 euros para mercar unha moto de 125.
-¿É a motocicleta unha alternativa ao coche?
-Pensemos no que sucedería en Madrid ou en Barcelona se os miles de persoas que empregan unha motocicleta ou unha scooter para desprazarse collesen o coche. A moto é un factor que axuda a desconxestionar a circulación diaria. Imaxínate de Carril a Cambados en hora punta.