As boas ideas brillan pola súa ausencia. Non se sabe se a iniciativa da produtora Mr. Misto Films en colaboración con Caixanova, Zona Aberta, a Concellería de Industria e Promoción Económica de Vilagarcía e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta, será unha delas, pero desde logo a orixinalidade non se lle pode negar. Trátase de Ven á Vila, un programa de televisión que se emitirá pola canle Rías Baixas.
-Vilagarcía amenceu fai uns días cunhas misteriosas pegatinas vermellas pegadas nas súas rúas. ¿Qué cres que pensaron os cidadáns?
-Supoño que se sorprenderon. Nós buscabamos chamar a atención das xentes, facer que visitasen a web e, por suposto, tentar que se presentasen á proba de selección.
-¿Conseguíchelo?
-De momento non tivemos demasiadas chamadas de interesados. A vindeira semana colocaremos carteis polas rúas e así esperamos conseguir unha mellor e máis ampla acollida.
-¿Que tipo de parellas buscades no casting?
-Non hai un perfil establecido. Buscamos variedade. De feito, unha parella de dous amigos chega desde Ourense en bicicleta.
-¿En que consiste exactamente o concurso, cal é o obxectivo?
-Principalmente buscamos promover o comercio na vila mediante unha serie de probas nas que os participantes terán que xuntar unha serie de produtos no menor tempo posible.