06 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.
O alcalde da localidade coruñesa de Ordes, Manuel Regos, vén de felicitar no nome do seu pobo ao regatista vilagarcián Antón Paz pola súa recente medalla de ouro na Clase Tornado nos Xogos Olímpicos de Pekín. Unha felicitación que lle transmitíu por escrito á rexedora de Vilagarcía, Dolores García, á que lle pide que comunique a Paz os seus parabéns.
No seu comunicado, Manuel Regos fai extensiva a súa felicitación «a todos os veciños e veciñas» da capital arousá, «por ofrecer un grande apoio aos deportistas e por contribuír ao trunfo do deporte galego». O Concello de Ordes disfrutou tamén en primeira persoa das alegrías do deporte español en Pekín, co diploma olímpico do triatleta Iván Raña.