Rodríguez e Castro lévanse o Triatlón de Vilagarcía

La Voz

AROUSA

02 sep 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O deportista do Fluvial de Lugo Nicolás Domínguez foi o domingo o vencedor da sétima edición do Triatlón Concello de Vilagarcía, cun trazado de 500 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 de carreira a pé a través de Vilaxoán. Domínguez non tivo rival na proba arousá. Na categoría feminina, a gañadora da carreira foi Saleta Castro, que víu en Nerea Castro a súa principal rival e segunda clasificada.

O Campionato Aberto de Pesca Deportiva tomará o sábado o relevo do triatlón no programa da Semana Náutica e Cultural de Vilaxoán.