A Illa impartirá un curso do plan FIP destinado a formar a dependentes de comercio

La Voz

AROUSA

01 sep 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

A Illa comezará en breve a impartir un curso do plan FIP, homologado pola Consellería de Traballo, co que se pretende formar a dependentes de comercio. Esta actividade levarase a cabo nas instalacións da escola taller de Testos, despois de que as súas aulas fosen homologadas pola consellería.

O ciclo terá unha duración de 270 horas, das que 150 horas se realizarán nos comercios. Para isto cóntase coa colaboración da asociación de empresarios da Illa.

Os interesados deben ter estudios primarios -certificado de escolaridade ou equivalente- e estar anotados como demandantes de emprego no INEM. Se cumpren estes requisitos poden pasar polo Concello da Illa ou polo INEM de Vilagarcía para anotarse. As prazas ofertadas serán 15 e o horario será entre as catro e as nove da tarde de luns a venres. Os asistentes recibirán seis euros ao día. O prazo de inscripción abre o luns e remata o día 10.