O vilagarcián Alberto Blanco prepara a participación de Mozambique nos All African Games
AROUSA
?ó 24 horas despois de encabezar a presentación oficial da Vilagarcía Basket Camp, da que é promotor e alma mater, o adestrador vilagarcián Alberto Blanco partíu o venres cara Maputo, a capital de Mozambique, para ultimar a preparación do equipo nacional de baloncesto feminino da ex colonia portuguesa de cara á súa participación nos All African Games, do 10 ao 23 de xullo en Alxeria. Durante os vindeiros doce días, Blanco apurará o traballo cos combinados masculino e feminino de Mozambique, pero facendo especial fincapé neste último, que será o que participe no mencionado torneo, unha especie de Xogos Mediterráneos. A Federación Mozambiqueña de Baloncesto contratou a Alberto Blanco o pasado verán co obxectivo e que consiga levar o equipo feminino aos Xogos Olímpicos de Pekín e, alí, asinar un papel digno.