Exposicións en Valga e unha gala en Ribadumia

La Voz

AROUSA

15 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A gala das Letras Galegas será a encargada de inaugurar en Ribadumia os actos que se celebrarán con motivo desta festividade. A cita dará comenzo as oito da tarde no novo auditorio municipal. Os nenos dos grupos infantís de teatro do Concello de Ribadumia serán os encargados de inaugurar a festa. Porán en escea dúas obras: Caperuchiña Vermella e O Dragón . Posteriormente farase entrega dos premios do concurso de relatos curtos de Ribadumia, aos que se presentaron 212 traballos. As actividades rematarán o xoves, co concerto de música de Milladoiro. Valga inicia a súa programación con unha orixinal iniciativa. Todo aquel que visite hoxe as oficinas do Concello será agasallado cun libro. Mañá abriranse dúas exposicións no centro multifuncional de Cordeiro baixo o título A vida e obra de María Mariño e Así ven os rapaces e rapazas de Valga o Día das Letras Galegas . Ás 20.30 horas actuarán as Pandereteiras de Moldes e media hora despois o grupo da Escola Artística de Cuntis levará a escena a obra de teatro A nosa vila . O sábado haberá unha xornada de portas abertas no ximnasio de Beiro e ás 21.00 horas, no centro de Cordeiro, haberá teatro e música.