CABEZA DE CARTEL DO PSOE EN VALGA
11 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Nacín e vivo en Valga. Teño 44 anos, son graduado social e licenciada en Dereito ademais de funcionaria de corpo de xestión procesal do Ministerio de Xustiza. Traballo no xulgado Padrón. Teño un fillo de once anos, pero son unha persoa moi activa e saco tempo para todo. As miñas afeccións son a xardinería, andar, tomar o aire e ver a paisaxe. Gústame a natureza. Cando estou estresada vou á horta e reláxome arrincando herbas. A miña ideoloxía sempre estivo definida nunha política de centro e socialista. O que me decantou definitivamente foi ver a actuación do Goberno de Zapatero en Madrid e do PSOE na Xunta e comprobar a cantidade de leis tan importantes que levan aprobadas en tan pouco tempo. Eu estaba receptiva e entón ofrecéronme encabezar a lista do PSOE, o cal asumo con moita responsabilidade. Non é que lle vaian dar máis a Valga por estar o PSOE na Xunta ou en Madrid, pero suponse que con nós teriamos máis facilidades. O señor Maneiro leva aquí moitos anos e sei que o temos difícil pero penso que xa debeu de tocar teito. A súa actuación co tren creo que non foi a máis acertada, que se politizou e xogou cos sentimentos da xente. Me pregunto se o accidente ocorrera na etapa do PP na Xunta, se tería mobilizado tanto.