Última hora
Zapatero pide un aplazamiento de su declaración por la «complejidad» del sumario

«Houbo que esperar moito, pero chegou o momento da Illa»

Rosa Estévez
Rosa Estévez VILAGARCÍA

AROUSA

Entrevista | Manuel Vázquez Vázquez confía en gañar e disfrutar de ter en Santiago un «goberno receptivo»

05 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?a porta da Illa, un cartel da a benvida a un paraíso da natureza. Manuel Vázquez, o alcalde dese anaco de terra que emerxe no medio da ría, asegura que «vivir nun paraíso non é unha carga, todo o contrario». -¿Pero non afoga? Dígoo polo tema de Costas... -O de Costas é complexo, pero non por ser un paraíso, senón por ser unha illa e, ademais, estreita. Temos que conxugar o desenvolvemento do Concello coa normativa. Esa é unha asignatura que temos que resolver. -Parece que se lles resiste. ¿Conseguiráno coa singularidade? -Esperemos que a singularidade dea resposta á maior parte das demandas dos veciños da Illa. Ese documento ten que recoller tanto o desenvolvemento urbano como a conservación da paisaxe. O que lle pedimos á Xunta é que acelere os trámites o máximo posible. Pero todos sabemos como son estas cuestións. -¿Como son? -Refírome a que o PSOE presentou unha enmenda á lei do litoral que os outros partidos rexeitaron. Logo, o que se fixo foi empezar o plan do litoral pola Illa. E aínda hai partidos que están en contra. Como o PP, que está actuando de forma absolutamente hipócrita. Un día piden que o señor Touriño explique se A Illa é singular porque alí veranea xente do PSOE, e ao outro presentan preguntas para, teóricamente, defender aos veciños. -A os da Beira do Mar, que, por certo, non están contentos con vostede. -Está claro que non todo o mundo vai estar contento co alcalde. Pero eu podo dicir que estou no mesmo sitio que hai anos: defendendo aos veciños. -Hai moita tensión... -É que é un problema importante, pero que está moi politizado. Basta oir a Pilar Rojo, ou a López Veiga... Eles foron conselleiros, son os responsables dos expedientes, e podían telos resolto. Non o fixeron, nin sequera se dignaron a recibirnos. Pasaron da Illa, e o tempo foi pasando polos expedientes. -¿Vai a haber derribos? -Nós estamos traballando para que non sexa así. -As veces, cando se fala de urbanismo, parece que A Illa é Marbella. ¿Onde está La Pantoja? -Eu creo que iso é máis unha estratexia da oposición que outra cousa, porque os convenios e as áreas de reparto se aprobaron por unanimidade, igual que o PXOM. Que a vivenda subíu... Subíu en todas partes. Por desgraza é un problema xeral. -Moito do que se está a construir é segunda residencia. ¿Non teñen medo a que os afoguen «os de fóra»? -O tema das segundas residencias é problemático. Nós temos os cálculos feitos -por exemplo na depuradora- para unha poboación de 14.000 habitantes. Pero o espacio da Illa é o que é, e está claro que imos ter que controlar dalgún xeito a entrada de visitantes e, sobre todo, de vehículos. No tema dos aparcamentos, imos facer o do Regueiro, gracias á maioría absoluta que imos ter. -¿Así que á terceira vai a vencida? -Estamos convencidos. Con administracións doutras cores fumos quen de xestionar cousas. Houbo que esperar moito, pero chegou o momento da Illa. O concello viviu dúas velocidades, a antes e a de despois do cambio na Xunta e no Estado. -É o tempo do goberno amigo... -Máis que amigo, goberno receptivo. Pero é verdade que se nota a diferencia. -¿Corre polo Carreirón? -Corría... Deixei de ir porque o Concello absorbe case as vintecatro horas do día. Tamén ía á praia, e en oito anos se fun dez veces xa fun moitas... Antes de ser alcalde fixen moito deporte. -Daquela era Manolo «Xoghada». ¿Que «xoghada» ten preparada para gañar as eleccións? -Eso era de cando xogaba ao baloncesto... Agora, xogada ningunha. O que ofrecemos está aí. Por un lado, o que levamos feito. Non só obras: en asistencia social fixéronse máis de 9.000 accións, desenvolvimos programas de emprego, e a Concellería de Cultura traballou moitísimo, mostra delo son os premios acadados pola bilblioteca... E logo está o traballo da candidatura: levamos desde febreiro reuníndonos cos colectivos da Illa. E notamos que a xente está ilusionada.