As decisións de Competición poderían obrigar ao Ibaser a gañar o que resta da Liga
AROUSA
O Comité de Competición podería converterse nun xuíz máis na categoría de Primeira Nacional de rugbi. O ente federativo deberá decidir se impugna o encontro que enfrontou ao Salvador B e ao Mareantes na xornada 12 da Liga, así como no encotnro contra o ARVO da pasada fin de semana. Segundo os rivais, o Salvador B aliñeou sete xogadores internacionais, botando man do primeiro plantel, o que podería supórlle a anulación das dúas vitorias colleitadas. De ser así, ARVO e Mareantes subirían unha vitoria cada ún. Os dous equipos teñen no seu casilleiro un só trunfo no que vai de Liga, e pechan a táboa por debaixo do Ibaser Lalín, terceiro pola cola. De subir as vitorias aos seus casilleiros, empatarían a vitorias co Ibaser Lalín, se ben, segundo indicou Manuel González Aller, presidente do club, o Ibaser seguiría tendo da súa man as vantaxas en tantos.