CON GOTAS | O |

30 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

DO MESMO xeito que cabe esixir das institucións un compromiso ético más aló da letra da lei, cómpre demandar de calquera que exprese con intención pública os seus puntos de vista a aceptación de que a súa opinión pode ser criticada e rebatida. Os códigos civil e penal marcan lindes claros. E semella que, senón legalmente, o administrador dun blog si comparte unha corresponsabilidade cando menos moral cos autores dos comentarios que se colgan nel. Se non fose así, a liberdade de expresión acabaría mudando en liberdade de verborrea. O ruído remataría por afogar toda traza de honestidade, como as trapalladas casposas do famoseo estrangulan os xulgados da praza de Castela. Aclarado isto, cuestións como a das webs de Cambados e O Grove teñen a importancia que se lles queira dar. Os exemplos que seguen están extraídos de ¡Manda Huevos! , a escolma de lindezas políticas que asina o xornalista Albert Om. «Guerra es un soplapollas», Pedro Pacheco (Partido Andalucista). «Anguita es un gilipollas», Joaquín Leguina (PSOE). «Sois todos unos h**** de p***», José Miguel Bravo (PP), presidente do Parlamento canario á súa oposición. «Hay determinados secretarios de Estado que, pese a su pose de moral victoriana, esnifan coca», Ramón Tamames cando aínda militaba en Izquierda Unida. «A esa gorda, en cuanto llegue a Bagdad, le van a poner un velo en la cara y entonces se va a enterar», Guillermo Galeote (PSOE), referíndose a Cristina Almeida, entón dirixente de IU. «Guerra es el sumo sacerdote de la corrupción en España», Luis Ramallo (PP). «Me gustaría ser tu ejecutor y embadurnar las paredes de la habitación con tu sangre», José Luis Quevedo (PP) nunha carta a Arzalluz logo do asasinato de Miguel Ángel Blanco. Como se verá, se a febre denunciante gañase adeptos os excesos das súas señorías abondarían para esclerotizar aínda máis a Xustiza durante anos.