Un xaneiro menos costa arriba

La Voz

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

O pombal Na Illa repartiron onte os seus premios de Nadal. En Vilagarcía, Zona Aberta xa fixo o sorteo pero onte aínda non apareceran os gañadores. No Grove saberanse hoxe

09 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Ela foi a afortunada desta volta co primeiro premio do sorteo de Nadal da Asociación de empresarios da Illa. O segundo premio, dotado con 600 euros, foi para Juan Suárez ; os 400 euros do terceiro levounos Francisca Suárez e os 200 euros do cuarto premio foi para un home: Pablo Agra Gil . Os portadores das rifas gañadoras achegáronse onte ao local da asociación, situada no avenida da Ponte, para recoller da man dos seus directivos os vales que lles permitirán facer compras por valor de cadanseu premio nos locais asociados. Teñen de prazo ata o 30 de xaneiro. Premio para o 112.645 en Vilagarcía Menos tempo terán en Vilagarcía para gastarse este extra de Reis. Os propietarios dos boletos 112.645, 100.361 e 146.193 terán de prazo ata o día 21 para puírse os premios de 3.000, 2.000 e 1.000 euros, respectivamente, que a asociación Zona Aberta reparte entre os seus clientes. Comprar no comercio local ten premio, e en Nadal máis que nunca. O sorteo celebrouse o luns pola noite na casa de cultura e, como xa é habitual, suscita unha gran expectación. Algúns dos presentes no público ata levaban os seus boletos na man, no fora a ser que se dera o caso de poder celebrar o premio alí mesmo. Pero non ocorreu así. Nin os premiados estaban na sala nin foron madrugadores á hora de darse a coñecer. Onte ao mediodía aínda era unha incógnita a identidade dos gañadores e iso que o numeriño 112.645 xa era case tan coñecido como o terceiro da lotería do Neno que caeu o sábado na cidade. Así que se vostede mercou en Vilagarcía nestas festas e ten algún boletiño deses azuis na carteira apure a comprobalo, non vaia a ser que se lle pase. O prazo para presentar os boletos gañadores remata o venres ás oito da tarde e a veda para gastar os 6.000 euros nos comercios da cidade ábrese o día 15. Alí coñeceranse hoxe os números gañadores e quizais aparezan xa os afortunados. O sorteo celébrase ás doce do mediodía no local de Emgrobes e repartiranse 6.000 euros en vales de compra, distribuídos en 35 premios. O máis substancioso chega aos mil euros.