A dirección do xeriátrico de Ribadumia xa ten preparado o programa de actividades co que celebrará as festas do Nadal. Non faltará a música, nin o teatro, nin os tradicionais bingos e banquetes tan típicos destas datas. Ás once e media desta mañá os alumnos do colexio Xulia Becerra Malvar ofrecerán aos maiores un concerto de panxoliñas. Mañá, celebrarán o día da lotería cun bingo especial no que haberá grandes regalos. Será tamén a xornada na que actúe o grupo Malvela e na que recibirán a visita do presidente da Deputación, Rafael Louzán. O sábado poderán escoitar un concerto de guitarra do grupo Son de Paz e, o domingo, celebrarán a visita de Papa Noel e poderán participar nun karaoke. Para rematar a xornada, terá a gran cea de Noiteboa. O banquete voltará o día de Nadal, cunha comida especial. Os residentes neste xeriátrico poderán contemplar a representación dun belén vivente, grazas á colaboración do grupo de teatro de Ribadumia. Será o próximo 26 de decembro a partir das cinco e media da tarde. Ao día seguinte, participarán nunha sesión de karaoke.