O pombal A Fundación Galega contra o Narcotráfico celebro a súa gala anual, na que se entregaron os premios Nécora aos que se destacaron en combatir esta lacra
24 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.A noite comezou cun foro de debate sobre o valor da educación na prevención do consumo de drogas, un feito no que leva anos insistindo a Fundación Galega contra o Narcotráfico e no que, pese a súa evidencia, as administracións non acaban de tomar nota. De seguido, fíxose a entrega de premios ante unha abarrotada casa da cultura de Vilagarcía. Os premiados Os Nécoras, o galardón que entrega a Fundación aos que máis se destacaron cada ano na loita contra a droga, foron a parar ao programa A Fondo, de Antena 3 Televisión, polas súas reportaxes sobre as novas redes de traficantes e os traballos das forzas de orde. Tamén resultou premiada a Asociación Vieiro, de Carballo, que emprendeu múltiples actuacións nunha zona especialmente problemática como é Bergantiños e a Costa da Morte. Actualmente, distínguese polo seu labor no campo da prevención, con programas sociais nos colexios, atención ás familias e aos drogodependentes. O párroco de Cambados, José Aldao Rey, tamén recibiu un Nécora pola súa coñecida sensibilidade co problema das drogodependencias, que se acentuou despois dos axustes de contas vividos en Cambados. O último dos premios da gala foi, a título póstumo, para o que fora capitán marítimo de Vilagarcía, Roberto Rietz López, que no seu cargo precintou planeadoras, naves destinadas ao almacenamento destas embarcacións e executou múltiples accións, convirtíndose nun pesadelo para os narcotraficantes. Por elo, tivo que soportar en non poucas ocasións as súas habituais ameazas.