A formación afronta o relevo xeneracional con gran entusiasmo Catoira podería ser o terceiro concello da comarca en contar con lista esquerdista
11 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Esquerda Unida ten o seu bastión no Grove e pretende que siga séndoo agora que lle chega o relevo xeneracional. Xan Caneda foi durante anos a cara visible dos esquerdistas e outro Xan será agora quen ilustre o cartel electoral. A formación Esquerda de O Grove-Esquerda Unida -á que onte se referiron os seus líderes como unha gran familia política máis cunha coalición- presentou oficialmente ao seu candidato á alcaldía. Será Xan Lamelas Alfonso, un mozo de 24 anos estudante de Enxeñería Técnica Industrial, que se se pon, por primeira vez na primeira liña política. Con todo, e a pesares da súa idade, leva xa máis dun lustro na política activa desde as Xuventudes Comunistas e nas pasadas eleccións formando parte da lista municipal. Onte todo foron eloxios para Lamelas, que estivo arroupado nesta súa primeira comparecencia pública como candidato pola plana maior do seu partido no Grove, os históricos e non tan históricos, que se amosaron ilusionados e ata emocionados. «Me sinto moi contenta porque Xan foi un dos meus alumnos más avantaxados. Estou satisfeita como concelleira e como veciña de O Grove», subliñou María Soilán. Traballo e formación Xan Caneda referiuse ao seu sustituto na foto do cartel como unha persoa «cunha gran formación política e persoal e unha grande capacidade de traballo que cumpre o perfil dos nosos candidatos: xente comprometida, do seu tempo, que non ten máis interese que traballar a prol dos cidadáns». Con esta carta de presentación, Xan Lamelas engadiu pouco máis. «Eu espero responder ás expectativas e axudar á xente a vivir un pouco mellor», indicou. Sobre a configuración da candidatura, nada avanzaron onte desde Esquerda Unida. Apuntaron que haberá máis incorporacións de xente moza e dos históricos, que están a plena disposición do partido. O anfitrión do acto, Juan Fajardo -a rolda de prensa celebrouse en Vilagarcía- sumouse aos parabéns hacia Lamelas e anunciou que Esquerda Unida está a traballar na formación de candidaturas, ademais de en Vilagarcía, tamén en Catoira, Cuntis e Caldas.