«Eu digo como Fidel; a Historia absolverame»

Serxio González Souto
Serxio González VILAGARCÍA

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

ENTREVISTA | T. Cardalda

27 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?residente da Asociación de Veciños de Vilaxoán dende o 2001, Teo Cardalda afronta os que, asegura, son os últimos meses do seu mandato co obxectivo de solucionar, de vez, unha das grandes arelas da vila arousá dende hai anos; a rexeneración definitiva da praia do Preguntoiro. -Levamos anos a voltas con isto. ¿Haberá praia en Vilaxoán este verán? -Casualmente, a directiva estivemos onte no Concello de Vilagarcía tratando este asunto. Semella que Tragsa, a empresa do ministerio que se encarga da actuación, está a facer o proxecto. A nós dixéronnos no seu día que o mes que vén comezarían xa as obras... Non sei. O asunto é que o proxecto estea listo canto antes para poder empezar axiña. -¿Que supón a recuperación da praia? -¿Que que supón? Pois o comezo da recuperación desa decadencia na que Vilaxoán entrou hai xa unha chea de anos. É unha infraestrutura fundamental, que atraerá outras cousas, un movemento que ata agora non tiñamos. -¿Por que esa decadencia? -Ben, foron un fato de factores. Un dos fundamentais foi esa falta de infraestruturas. Aquel paseo marítimo que se proxectara, por exemplo, cun custe ambiental mínimo, a reivindicación da praia, xa dende 1996... -E agora, ata unha área de rehabilitación para o casco vello... -Si, este é un dos proxectos que pode dar unha grande vitalidade a Vilaxoán. Eu confío moito no director xeral do IGVS, Daniel Pino, gran amigo e vilaxoanés. Moito temos falado os dous sobre os problemas da vila e as súas solucións. -Por certo, ¿que opina vostede daquel xeneral McArthur? -Non me gusta, era un becho e un facha. Se el dixo «volverei», eu digo como Fidel; «a Historia absolverame». -Eu non digo nada. ¿E que pasa co outro Teo Cardalda? Confese a súa relación. -Somos curmáns, de sangue. Un pouco tolos os dous. -¿Haberá eleccións? -Claro que as vai haber. Este ano.