«A escola de gaitas é un suicidio cultural»

Serxio González Souto
Serxio González VILAGARCÍA

AROUSA

ENTREVISTA | Nogueira

03 mar 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? vida de Paulo Nogueira é a música. Como docente, nun centro de primaria en Sanxenxo, como gaiteiro no grupo Treixadura, como amante e transmisor da tradición musical galega. A recente creación da Escola de Gaitas provincial, de mans da Deputación de Pontevedra, vén de erguer o máis fondo rexeitamento por parte da Asociación de Gaiteiros Galegos, á que pertence. -É un pouco o lobo con pel de ovella. Disque son gaitas galegas, que se a percusión non é allea. Pero logo todo iso non ten nada que ver coa realidade do que fan. Abonda con ollar as fotos das súas actuacións. Tiñan que ser directos no seu discurso, non disfrazarse, porque o único que buscan é o alento e os cartos oficiais. E como desgraciadamente hai posturas políticas ás que lle interesan este tipo de historias, así nos vemos. -Fálase de gaitas escocesas, de percusión militar. Pero, ¿cal é en realidade o efecto do modelo que propón a escola provincial? -O máis grave é a suplantación directa do carácter da música. Collen a estética da música escocesa, anglosaxona, mesmo norteamericana, e transplántana aquí a machado. Logo veñen as gaitas de tres roncos e a percusión de metal. Pero o máis grave é esta suplantación. Non tiña por que pasar nada, en Galicia hai xente que fai rock, jazz progresivo... cada un desenvolve a súa faceta artística. O que non pode ser é que as institucións alenten cunha bestiada de cartos un suicidio cultural subvencionado coma este. -¿En que consiste ese suicidio? -Velaí o caso de Ourense. Unha das provincias máis ricas dende o punto de vista da cultura tradicional está completamente amputada polo que respecta á música. Nun lugar definido pola diversidade, hoxe en día todo o ensino da música tradicional está enfocado ao modelo das bandas. É terrible. -Por certo, a banda de Pontevedra estreouse o domingo en Silleda, na despedida a Fraga. ¿Que lle pareceu? -Moi significativo do que está a facer esta xente. Poñer a cultura ao servizo do poder.