Cando os asasinos son xente normal

La Voz M. S. | PONTEVEDRA

AROUSA

Reportaje | Un episodio negro A historia do pai e da familia da vilagarciana Mariví Villaverde exemplifica o terror que se viviu en Galicia no 1936 e nos anos posteriores

12 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

? historia de Elpidio Villaverde, o pai de Mariví, homenaxeada hoxe en Pontevedra, exemplifica a vida de moitos galegos que sufriron a represión franquista. O seu libro Tres tempos e a esperanza fai un retrato da Vilagarcía dos anos trinta e do ambiente posterior al golpe de 1936, un territorio no que, polas súas ideas políticas, unha persoa podía pasar cinco meses agochado ou morrer nunha noite desapacibles. Depois do levantamento militar, Elpidio Villaverde tivo que fuxir a Portugal, despois de navegar oito días polas rías galegas. Desde o país veciño marcho aFrancia, onde non botou demasiado tempo: pasando por Madrid, volveu a Galicia para fundar as Milicias Galegas, aínda durante a guerra. Antes do colapso final da República, estivo en Valencia, e logo en Barcelona, e finalmente ao exilio arxentino. Mariví, a súa filla, recorda historias moito peores. A súa nai viviu cinco meses agochada en Vilagarcía, ata que puido marchar, cos seus tres fillos, a Francia, en cecembro de 1936. Aqueles días de oscuridade foron terribles: escondindos na casa, escoitando como os sublevados tocaba á porta, entraban e os insultaban, oíndo como os amigos do pai morrían... «Hai unha pregunta que sempre me farei -dicía Mariví nunha entrevista hai dous anos-: que pode cambiar a unha persoa normal e convertila nun asasino».