Entrevista | Rafael Louzán
04 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.?ecentemente chegado do seu periplo por Madrid, Barcelona e Palma de Mallorca, Rafael Louzán explicou onte que de quen máis se pode aprender sobre os campos de fútbol de herba sintética «son destes grandes macroclubes. Queremos ter as mellores superficies e imos copiar das experiencias do Fútbol Clube Barcelona e o Madrid». -E no caso de Palma de Mallorca... -Neste caso é a experiencia dun concello que está construindo un total de doce instalacións deste tipo. As cidades deportivas do Madrid e o Barcelona xa están en fase de construcción. Esperemos acertar. -¿Cal foi a reacción da oposición ante este proxecto? -Mantivemos unha reunión cos portavoces da oposición para falar deste asunto e coincidimos plenamente en cales deben ser e onde se deben construir estes trinta primeiros campos. O outro día, sen ir moi lonxe, inauguramos un en Vilagarcía e imos facelo propio con outro que se está rematar en Arbo. -E se falamos dos concellos, ¿como foi a súa resposta? -Actualmente estamos nas trinta instalacións e os concellos teñen claro que é unha infraestructura básica e necesaria para practicar o fútbol. Ademais, en todos os casos que así se queira, os terreos de xogo de herba sintética contan coa ventaxa que son campos de fútbol once, pero transversalmente levan dous campos de fútbol sete. Levan tres xogos de dúas porterías. Son moi completos, sobre todo naquelas poblacións onde hai moitísima actividade deportiva. Deste xeito, os campos poderán dar servizo a moita máis xente. -Falamos da oposición, dos concellos, pero ¿e os clubes deportivos? -Os clubes están moi, moi ilusionados con que poidamos empezar canto antes as obras. Ate agora e tras visitar as instalacións de Madrid, Barcelona e Palma as nosas impresións son moi boas. Tamén imos traballar cos equipos de Terceira División da comarca do Salnés que solicitaron axudas. Así farase unha mellora importante no campo do Celtiga da Illa de Arousa, imos colocarlle o céspede natural ao campo do Arousa... -Xa por último, ¿inflúe a meteoroloxía de Pontevedra á hora de instalar estas infraestructuras? -Si. En Galicia, polo seu clima, é se cabe máis doado adaptar o tipo de recheo que hai que colocarlle ao terreo de xogo. Probablemente será unha mezcla de area e de caucho.