AS REPERCUSIÓNS DO CAMBIO NA COMARCA
29 jun 2005 . Actualizado a las 07:00 h.?oas reservas lóxicas, xa que o goberno de coalición está por artellarse e desenvolverse, Pose dá a súa opinión sobre oito debates fundamentais que o cambio na Xunta abre na bisbarra do Salnés. Hospital do Salnés «A nosa idea é integralo funcional e organicamente no CHOP. A xestión en xeral cambiará, pero iso non afectará a todo o mundo, xa que o que se precisa é profesionalidade. As cousas teñen que facerse ben, e pouco importa ter un servizo aquí, se logo tes que agardar dous anos nunha lista de espera. Este hospital debe cumprir uns requisitos mínimos, e aí entra a ampliación de dotacións e equipos que haberá que concretar». ?undación comarcal «Nunca compartimos o chiringuito das fundacións comarcais, polo tanto é moi posible que desaparezan». ?utoridade Portuaria «Sería ousado valorar agora un cambio que precisa do nomeamento do conselleiro, do director xeral de Portos e as súas valoracións sobre os recursos humanos». ?utovía a Pontevedra «É unha obra prioritaria. Nós si que nos imos poñer en serio con isto, e ademais no marco do enlace de Pontevedra co Porriño e coa autovía das Rías Baixas. Esta é unha aposta estratéxica». Control Mariño «Non somos partidarios en principio da privatización do Centro de Control do Medio Mariño. Hai que ver o punto legal no que se atopa. O principo de autoridade sobre o control do medio debe estar na función pública, non no capital privado». ?oalición en Vilagarcía «Persoal e politicamente gostaríame un acordo de goberno entre PSOE e BNG en Vilagarcía. Dito isto son respetuoso, porque o ámbito de decisión está nos grupos municipais. Si podo manifestar a miña disposición a que este escenario se produza». ? futuro de Gago «Hai unha serie de nomeamentos, como os dos conselleiros, que son responsabilidade directa, institucional e política do presidente da Xunta, e no seu momento tomará a decisión que coide máis axeitada. A partir de aí, a nosa é unha organización seria, que saberá aproveitar os recursos de que dispón».