En directo | Os rapaces do Castro Alobre plantan 200 árbores autóctonas Onte foi un día importante para os alumnos do instituto de Vilagarcía: unha morea de castiñeiros, carballos e freixos quedaron na terra gracias ás súas mans
31 mar 2005 . Actualizado a las 07:00 h.? tarde de onte no instituto Castro Alobre de Vilagarcía foi de cor verde. Os alumnos e mestres do centro levaban tempo esperando a que raiase o sol para poder levar acabo unha das actividades máis significativas da súa aula da natureza. O día chegou onte: os alumnos plantaron perto de duascentas árbores autóctonas nunha zona do recinto na que tamén se fará una ruta de sendeirismo. Ás cinco da tarde, unha boa morea de rapaces puxéronse mans á obra. Pouco a pouco, e mentres os pes e as mans de uns e outros comenzaban a encherse de terra, fóronse facendo os buracos precisos para meter as árbores. En menos dunha hora, no espazo xa reinaban varios castiñeiros, carballos, freixos, acibros, avelairas e cerdeiras. Como explicou un dos coordinadores da actividade, José Sabarís, a iniciativa leva o nome de Bosque Autóctono Atlántico e nela participa tamén a Xunta, que foi quen doou as 200 árbores. Pola axilidade dos rapaces á hora de facer as tarefas na terra, víase de lonxe que esta non é a primeira vez que no Castro Alobre fan actividades relacionadas coa natureza. De feito, esta iniciativa enmárcase dentro dun orixinal programa no que xa se acadaron grandes logros: rexeneráronse varias zonas verdes do centro, prantáronse frutais, preparouse un estanque e limpouse o lixo, entre outras moitas cousas. Ademáis, os rapaces tamén disfrutaron dunha iniciativa para coñecer ao miúdo os parques de Vilagarcía, participaron no programa Voz Natura e foron de visita a Villardeciervos, un espazo adicado á natureza que se atopa en Zamora. A plantación de onte non quedará só niso: en pouco tempo identificarán e poñeranlle carteis a todas as árbores.