En dos minutos | Presentación de «A estrela na palabra» O veterano nacionalista di que na obra non hai autocensura
18 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.?Hai dos que levan no bico unha estrela, hai dos que levan na frente un cantar». Lembrando os versos que lle adicou Curros Enríquez a Rosalía de Castro, o escritor Miguel Anxo Fernán Vello -un dos autores do libro de conversas con Xosé Manuel Beiras- explicou que A estrela na palabra é un diálogo cun home de «fala brillante, que sintetiza inxenio e erudición». Ese home, Xosé Manuel Beiras, pouco tardou en coller a palabra e contarlle aos numerosos presentes na presentación que tivo lugar onte na libraría Arousa que estas duascentas páxinas o deixan listo «para que os lectores me examinen». O froito de ano e medio de conversas, que coincidiron coa crise do Prestige e as loitas internas no BNG, é A estrela na palabra, un libro que camiña entre as memorias dunha das figuras claves do nacionalismo e as reflexións sobre o pasado e futuro político de Galicia. Ao longo da presentación, foron varias as veces que se dixo que en cada resposta do presidente do Consello Nacional do BNG aparece «unha Galicia, un mensaxe distinto». Precisamente, e despois de asegurar que neste texto non fixera «autocensura ningunha», Beiras comenzou a dar mensaxes: falou dos convulsos días previos ao fundimento do Prestige, das conversas con Fraga naquelas horas e xustificou o non do BNG ao referéndum do domingo.